L’Arribada dedicóu un día á literatura en galego-asturiano

FalaVIVA. O día 1 d’outubre, entre os actos que se veñen facendo na Arribada, dende qu’empezara en Villaviciosa, dedicóuse enteiro ó galego-asturiano, esta vez no Museo do Ferrocarril de Xixón.

Foi unha tarde de muita emoción polo que s’iba tratar nela e na que recibimos xente da Veiga, de Taramunde e de Navia, y a que, dende aquí, agradecemos o seu esforzo de facer tantos quilómetros pra tar xuntos e traer a súa literatura y a súa voz ó centro d’Asturias; tamén a súa música y as súas revindicacióis.

Primeiro houbo unha charla’bout o galego-asturiano y os medios de comunicación na que pidimos qu’os periódicos non nos traduzan as entrevistas que nos fain, nin ó castellano nin ó asturiano, que, se temos unha lingua nosa, queremos que se nos manteña a entrevista tal como se fai, e que se nos lea na nosa lingua. Tanto os que taban na mesa (Humberto Gonzali, Xurde Morán y Aurora G. Rivas) como o público (entre os que taban Belén Rico Prieto, escritora; Eva Rico, escritora, cantante e compositora musical, que dirixe o grupo Darbukka da Veiga; e Trini Suárez Rico, que traballa no Programa “Rompiendo distancias” de Taramunde), tuveron d’acordo nesto, ademáis de que tanto a TPA como outros medios, cando fagan unha entrevista dende Occidente, a xente conteste na fala da súa casa sin poñerlle problema ningún, se así o quer. É unha maneira de poñer “en valor” e igualala ó asturiano, algo que pensamos qu’é de xusticia e que reivindicamos dende os medios que temos ó noso alcance.

Despóis presentáronse os libros de contos infantiles Binoca, de Marisa López Diz , editado por Pintar-Pintar; Domingo y os animales, de Belén Rico Prieto, editado por Nobel; e Rebelión na caixa máxica, d’Aurora G. Rivas, editado por Trabe; todos eles con unha axuda da Oficina de Política Lingüística do Principado.

Houbo tamén unha lectura poética a cargo d’Eva Rico, Belén Rico Prieto, Marisa López Diz y Aurora G. Rivas, na que cada unha das escritoras leu na súa variante de galego-asturiano: as dúas primeiras na variante da Veiga, Marisa na de Grandas y Aurora G. Rivas na de San Tiso d’Abres.

Eva Rico regalóunos un guapísimo concerto de voz e piano, no que cantóu unha canción d’Abel Pérez, outra d’ela mesma e dous poemas, ún de Belén Rico y outro d’Aurora G. Rivas, ós qu’ela mesma puxo a música, algo mui emocionante e d’unha riqueza y un valor pra nosoutros incalculable.

O acto zarróuse con unha interesantísima e mui guapa charla de Dani García de la Cuesta titulada “Averamientu a la tabla tañida y otros sones” y un concerto d’harpa d’él mesmo.

Advertisements

Dexa un retruque

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s