Entregóuse o III Premio Timón da Arribada

FalaVIVA (02/10/2009)
O pasado día 26 de setembre, entregóuse no salón d’actos do Centro de Cultura Antiguo Instituto o III Premio Timón da Arribada a Manuel García Sánchez, “O Galano”, polo seu traballo literario en galego-asturiano. O acto tuvo presidido por Jesús Montes Estrada, concellal de Cultura Tradicional do Concello de Xixón, y acompañado na mesa por Humberto Gonzali, coordinador da Arribada e de Aurora G. Rivas, que falóu do interés das obras de teatro (comedias e sainetes’bout todo), dos traballos d’investigación, de poseía e dos artículos de prensa, tanto en papel como en Internet, qu’O Galano foi escribindo e representando, cando se trataba de teatro, ó largo da súa vida, co cariño y o bon facer que poi en todo. O máis emotivo do acto tuvo na mesma entrega do galardón, unha cerámica do escultor xixonés Jesús Castañón, e nas palabras tan sentidas e tan fondas que o mesmo Galano dixo, entre as que podemos escoller éstas: «…agradecer, mui de verdá, a esta Asociación Cultural L’arribada que me concedese el Terceiro premio Timón, que m’enche d’orguyo por conto supón de por sí, y que tanto m’encuruma al poñer el meu nome al pé del de dous d’ilustres personaxes da literatura asturiana como son Nené Losada y Xuán Xosé Sánchez Vicente».
E tamén éstas: «Peró nun quero felo [acabar] sin dicirvos cónto m’alegra ver úa entidá cua vitalidá, a puxanza y el dinamismo da vosa. Tou ben al tanto del trabayo que tades fendo y valórolo por conto supón prá cultura asturiana, y tamén’cause sei el qu’hai detrás de todo esto. Quen trabayóu en grupo muitos anos, sabe ben cóntos son os esforzos que costa y, ás veces,’til sinsabores; peró dígovos que merez a pena. Por eso, quero felicitarvos, á xunta directiva y a todos os que formades parte da asociación y, anque xa sei que nun vos fai falta, quero darvos el meu agayo pra que sígades bogando, firme el timón y claro el rumbo. Quero darvos todo el meu ánimo y pidirvos que nun pérdades el voso». O acto acabóu con un mui cariñoso aplauso y a entrega do galardón, ademáis d’unha rosa branca, coa qu’a Arribada se quer espresar como asociación cultural e na que cabe calquera que teña algo que dicir e que traballe pola nosa cultura.
Advertisements

Dexa un retruque

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s