Nace el colectivo SETE pola cultura da comarca Ozcos-Eo – Primeiro Comunicao

Pode que poucas cousas teñan máis importancia y un valir máis fondo prá xente y prá identidá d’unha terra ou unha comarca qu’a cultura de noso. A cultura entendida como ese patrimonio del que somos heredeiros, qu’estreta lazos y nos achega, y á que nos corresponde a todos un pouco esa responsabilidá de respetar y axudar a manter.
Dende sempre a lo miyor, peró muito maís dende hai un tempo, pasando porriba de todo esto, tamos vendo cómo, cuando as cousas parecen vir mal dadas y os cuartos empezan a escasiar nos presupostos de quen decide, a aposta pola programación d’actividades culturales, a axuda a os axentes (asociacióis y outras entidades, escritores, músicos, investigadores…) ou pola continuidá d’algunos servicios municipales ou comarcales que fain unha labor relacionada, deixan de ser, xa non a prioridá que nunca foron, senón, algo siquiera digno de contemplar.
¿Cómo se non esplicar el peche da Oficina de Coordinación d’Actividades Culturales y Política Lingüística da Mancomunidá Ozcos-Eo ou da Biblioteca de Samartín d’Ozcos hai pouco? Ta claro que quizáis, por un lao, seña un problema de cuartos peró tamén de voluntá política y d’aposta decidida en base a un criterio único, pensao y firme por parte dos conceyos y corporacióis municipales de qué queren fer coa nosa cultura, porque en ningún caso se pode deixar nas maos cortoplacistas dos tempos políticos nin instrumentalizala pra sacar quén sabe qué réditos partidistas. Continue reading